18 de maio de 2016

a oliveira

Hoxe fumos ó cine a ver a película "el olivo" da directora Icíar Bollaín, unha película na que a protagonista, Alma, decide recuperar a oliveira do seu avó que fora vendida e enviada á sede dunha empresa en Duseldorf, Alemaña.


A película narra a necesidade que ten Alma de devolverlle ó seu avó unha conexión moi especial cunha árbore milenaria, que reflexa tamén a conexión dela mesma co seu avó e que parece que ninguén máis é quen de entender.
Esta película reflexa moi ben moitos dos temas que neste curso tratamos nas aulas: o respecto polas árbores, a natureza, e o legado que supoñen para a humanidade e cómo unha sociedade "moderna" non é quen de respectar. Trata tamén da visión do mundo a través dos ollos dunha rapaza que non se conforma coas cousas que suceden e pon todo o seu empeño en recuperar o que para ela é esencial. Trata do sufrimento na busca da verdade propia, dos sentimentos de arraigo máis profundos e cómo responder a eles con coherencia e decisión, co empeño nunha tarefa que parece imposible e inalcanzable.
Toca tamén as relacións que se establecen entre persoas e entendementos e desentendementos que ocorren.
Unha peli emocionante para quen teña sensibilidade, que non busca os triunfalismos excepcionais, pero si a modestia da coherencia e o respecto interior. A loita dos que non teñen poder pero poden.




Agradecer a Andrea, Candela, Sandra e Ana a súa compañía e o compartir estas sensacións que produciu en nós esta historia, e que modestamente penso que nos axuda a entender mellor o mundo.

Agradecer a Paloma o seu interés unha vez máis polo que tamén modestamente intentamos nas aulas.

Agradecer a Icíar Bollaín crear estas historias que nos emocionan e nos fan cambiar a perspectiva do mundo e da nosa existencia, á posibilidade de sentir e compartir.


Agradecer a todas estas mulleres a posibilidade de cambiar a perspectiva...

...a mellor.

9 de maio de 2016

expo ELASnaRÍA

Plantexamos para final de curso unha exposición no centro que resuma os traballos realizados ó longo do curso, para compartir con toda a comunidade as experiencias e aprendizaxes adquiridos.
O propio proceso de organización da exposición serve para os propios alumnos como reafirmación de todo o experimentado, e de valoración dos seus esforzos.



6 de maio de 2016

paseo Illas Cíes

Organizarse a final de curso unha visita ás Illas Cíes, con alumnos de 1º e 2º de ESO con monitores de 4º de ESO, onde podrán en práctica o aprendido nas aulas e visitas anteriores.

Biodiversidade na Ría


Os alumnos de 4º ESO que cursan a optativa de Bioloxía e Xeoloxía, coa profesora Manon, están a realizar un traballo sobre a biodiversidade nos ecosistemas relacionados coas rías, en grupos de dous, especializados en diferentes temáticas, e algúns centrados nos ecosistemas das Illas Cíes, que lles servirán de referencia para a guía posterior na visita que farán con 1º e 2º de ESO

Nancy Holt: Sun Tunnels

A obra da artista Nancy Holt titulada Sun Tunnels serviunos de referencia para analizar procesos artísticos de Land Art relacionados sempre coas paisaxes, tamén a aproveitamos para analizar xeometrías curvas, que plantexan outra ollada do mundo, o cilindro como prismático que encadra a realidade. Tamén nos serviu de figura referente para o estudo da perspectiva cónica. Analizamos diferentes puntos de vista da instalación e finalmente faremos exercicios de cor.

5 de maio de 2016

paseo Cangas Masso

Prevese para os últimos días de Xuño a visita en barco á Vila de Cangas, Porto e areais, como peche do proxecto para os alumnos de 4º ESO.

proxecto cociña para soles

Desenvólvese este proxecto co alumnado de tecnoloxía de 4º eso B, en equipos de dous.
Fan unha cociña solar tipo Fun, con cartón, material aproveitado das caixas das pantallas dixitais do centro. O traballo  obrígalles a interpretar planos e manexar escalas para pasalos ó seu proxecto real. Atópanse por sorpresa coas matemáticas, e ven así unha utilidade da teoría de Pitágoras para replantexar exactamente os ángulos.
A finalidade é constatar a realidade do funcionamento, facendo unha comida quente da sua elección.

 


 

proxecto camisetAs



Plantexase o proxecto as alumnas e alumnos de 3º eso.
En primeira instancia teñen que escoller una muller que admiren, que sexa una referente nas suas vidas, e contar por que, seleccionar unha foto da súa cara, fotocopiala en branco e negro, e sobre esa fotocopia debuxar as illas dos diferentes grises, o negro e o branco, para logo traballar cunha gama de cores planas.


 O resultado  plasmarano nuha camiseta con pinturas de tea, ou con fio facendo puntadas, ou calquera outra técnica.

 Elixindo mulleres

A fotocopia en B/N


















Seleccionando areas







Probas de cor

Camisetas

 

Unha idea xenial, a foto da nai.











4 de maio de 2016

proxecto ELAS Mariscadoras

Logo da visita a Arcade algunhas das alumnas que escolleron información van elaborar unha pequena reportaxe sobre o traballo destas mulleres.

3 de maio de 2016

proxecto Lixo

Trataremos de facer compisicións cos elementos plásticos que recollamos nas praias para logo fotografalos ou escanealos. Formas, texturas e cores nos darán as pistas de cómo traballar.